Aquí os cazadores furtivos
con licenza para matar
disparan con precisión contra os xabaríns
afiliados ó sindicato de fozadores,
deixan orfas camadas enteiras de raións
e limpan as armas
-impasibles-
dos restos de pólvora
e escrúpulos.
Volven ás súas casas coas súas familias
e amosan orgullosos as mans
cheas aínda de sangue e pelame,
acariñando e instruíndo a súa proxenie
nos beneficios da caridade ben entendida,
o dominio
do idioma único,
da única lei sagrada;
lenlles contos onde o rei da selva
leva traxe negro e gravata gris
e sempre calza un corenta e
cinco,
un calibre que todo o mundo civilizado
rocoñece como o ideal,
o das películas que sempre rematan ben,
cos indios aniquilados,
as indias violadas
e os nenos ben educados
cun sorriso nos beizos
un bico na meixela
e un felices soños.
Os lobos, menstres tanto,
exaculan a testosterona acumulada,
beben cervexa
e arrotan con toda a forza do diafragma,
orgullosos da prole que un día
-tamén-
dominará o mundo.
Carlos Da Aira. Pólvora. Tipos, recomendacións, consellos e
advertencias para un tempo de poesía/Tipos, recomendaciones, consejos y
advertencias para un tiempo de poesía. La Vorágine, 2018.
Imagen: Gottfried Helnwein. Sol Niger I, 1987.
No hay comentarios:
Publicar un comentario