Esas ganas de rebentalo todo, de estourar xunto coa bomba
nuclear,
de ter raios ultra-mega-prototrónicos nos ollos e fundir
coa
mirada
montañas, rañaceos, farois e fórmulas matemáticas, todo
xunto.
Estannos domesticando.
Xa ninguén se atreve a dicir “a ese? a ese malnacido era
pouco matalo!”, desapareceu o odio productivo, incluso
das
letras dos grupos punk
-e os grupos punk, eses tamén despareceron-
a movida viguesa quedou reducida a un Citroën última
xeración
pasando a 150 km/h por diante do radar do Porriño,
e toda a forza da violencia construtiva quedou condensada
en escachar ovos contra un cristal de ABANCA
-e ata iso teñen que facelo os nosos avós,
nas horas libres entre coidar das netas e da horta
nestes últimos días de democracia.
Estannos domesticando.
Xa non rebobinamos as K7 con aquela axilidade nas
articulacións,
e é por iso que esquecemos que un boli bic cravado nos
ollos
é unha arma tan válida como o verso mellor escrito,
e non sabemos do poder da poesía
porque xa ninguén se atreve a recitarlle un verso de Lois
Pereiro
a esa porra que baixa a cen por hora cara a nosa mandíbula
tan ben preparada, grazas á evolución, para recibir todas
as
hostias do progreso.
Estannos domesticando.
Falamos en linguas mortas e morremos de tanto ter as
linguas mortas,
mórrenos a fala e inventamos novas linguaxes mortas para
morrer matando
as poucas ánimas mortas que se nos aparecen en pesadelos
para lembrarnos que os soños doces xa morreron
e a morte está máis preto do que cremos.
Estannos domesticando.
Baleiramos botellas de cerveza e confundimos as armas coa
munición,
suicidámonos un par de veces ao día e mastigamos balas de
cobre,
sulfatámonos os ollos en encontros furtivos entre as
trincheiras,
discutimos cunha enerxía sobre-humana sobre o sexo dos
anxos
e por veces ata chegamos a alguna conclusión.
Estannos domesticando.
Todo o que nos
resta para nos liberar
é escribir poemas surrealistas,
impregnalos de licor café e gas mostaza
e envialos camuflados en cartas de amor
aos novos amos da terra que sementamos.
Estannos domesticando.
Carlos Da Aira. En Surada Poética 2017. Residir, Resistir,
Recibir. La Vorágine, 2017.
Imagen: Dispositivo para la
mejora de la lectura y la escritura inventado por Hugo Gernsback. USA, 1925.
No hay comentarios:
Publicar un comentario